O Atlético Navalcarnero golea o Poio Pescamar, que suma a súa cuarta derrota consecutiva (7-1)

Poio
01 de febreiro 2020

Despois de tres derrotas consecutivas, as de Raúl Jiménez volveron tropezar e ven cada vez máis lonxe as opcións de meterse nos postos de playoff

Partido entre Poio Pescamar e Atlético Navalcarnero na Seca
Partido entre Poio Pescamar e Atlético Navalcarnero na Seca / Diego Torrado

O Poio Pescamar desprazouse esta fin de semana a Madrid para enfrontarse a un dos rivais máis duros da liga, o Atlético Navalcarnero. Despois de tres derrotas consecutivas, as de Raúl Jiménez volveron tropezar e ven cada vez máis lonxe as opcións de meterse nos postos de playoff.

As locais fixéronse co control do xogo desde o minuto uno. O Poio trataba de crear perigo con balóns longos e presionando a saída de balón do rival pero sen fortuna.

Era o Atlético o que tiña máis perigo cada vez que xogaba o balón preto da área visitante, pero a boa defensa do Poio impediu que o gol non chegase ata o minuto 10 de partido. As locais realizaron unha xogada de estratexia. Anita Luján cedeu o esférico a Amelia Romero e foi esta a que superou a Caridad co seu disparo.

Pouco despois, Amelia volvía ser a protagonista ao enviar o balón ás mallas da rede do Poio cun tiro desde a frontal da área no que nada puido facer a gardameta.

Co 2-0 no marcador, as vermellas conseguiron chegar con perigo e así reducir a distancia no luminoso. Ju Delgado cometeu un penalti sobre Iria Saeta, que se encargou de recortar desde os seis metros antes de chegar ao descanso.

Tras a continuación, as locais volvían ampliar a vantaxe. Leti superaba por abaixo a Caridad desde a frontal da área e daba paso á goleada. Ari anotaba o cuarto gol de vaselina, e aínda que o Poio gozou das mellores ocasións nos seguintes instantes, a fortuna recaeu sobre as locais, que sentenciaron o encontro en poucos minutos. Albita aproveitou un balón solto e puxo o 5-1 e xa no tramo final, María Sanz e Becha fixeron o mesmo para sentenciar a goleada por 7-1.

ATLÉTICO NAVALCARNERO (7): Belén; Ju Delgado, Amelia Romero, María Sanz e Anita Luján (quinteto inicial). Tamén xogaron, Leti, Ari, Albita, Laura Córdoba, Irene Córdoba, Becha e Marta Balbuena (segunda porteira).

POIO PESCAMAR (1): Caridad; Cárol, Ana Rivera, Dani Sousa e Clara (quinteto inicial). Tamén xogaron, Irene García, Mirian, Iria Saeta e Anna Escribano.

Goles: 1-0, min. 11 Amelia Romero. 2-0, min. 14 Amelia Romero. 2-1, min. 20 Iria Saeta (penalti). 3-1, min. 21 Leti. 4-1, min. 22 Ari. 5-1, min. 32 Albita. 6-1, min. 38 María Sanz (dez metros). 7-1, min. 39 Becha

Incidencias: Pavillón A Estación. Uns 300 espectadores. Os colexiados amoestaron a Ju Delgado no Futsi At. Navalcarnero e Mirian no Poio Pescamar.