A Escola Naval Militar acolleu durante a fin de semana o VIII Trofeo Memorial Gerardo Steudel de natación, unha boa oportunidade para os deportistas de categoría máster de afinar a súa posta a punto de cara ao Campionato de España que terá lugar entre o 7 e o 10 de febreiro no Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontemuíños.
No torneo na honra ao que fóra adestrador no CGTD, impulsor do equipo de natación do RCN de Vigo e profesor de Educación Física para os alumnos da Escola Naval, tivo especial protagonismo o Pons Vetus.
O equipo pontevedrés liderou a táboa clasificatoria ao final da xornada con 120 puntos, os mesmo que a propia Escola Naval.
O título por equipos decidiuse finalmente pola diferenza de idade, que fixo que o Pons Vetus levase o primeiro posto.