O inicio de ano vai vento en popa para o Pontevedra B, que conseguiu puntuar nos dous encontros disputados este 2024.
A pasada xornada remontou ante a UD Ourense para facerse co triunfo grazas a un dobrete de Guèye e este domingo empatou contra un Alondras que se atopa nos postos de privilexio da clasificación (terceiro con 29 puntos).
Toño Calvo foi o encargado de abrir o marcador no encontro disputado no Morrazo, adiantando ao filial granate no minuto 37 de xogo.
Con todo, os cambios do Alondras no descanso forneceron o seu efecto e empezaron a acumular chegadas en área do Pontevedra, logrando o empate no minuto 71 por medio de Álex Ubeira.
Coa igualada chegouse aos instantes finais, nos que tanto un equipo como o outro quedou con dez xogadores polas expulsións do Ubeira no equipo local e de Pacheco nos visitantes. Ambas foron por dobre amoestación.