O Pontevedra B non pode co Celta B Gran Peña (0-2)

Pontevedra
30 de setembro 2023

Tarde calorosa a vivida na Seca este sábado na que o Pontevedra B non puido superar a un Celta C Gran Peña que segue invicto en liga  

Pontevedra B - Celta C Gran Peña
Pontevedra B - Celta C Gran Peña

Tarde calorosa a vivida na Seca este sábado na que o Pontevedra B non puido superar a un Celta C Gran Peña que segue invicto en liga.

Adiantouse o filial celeste cun gol de Roi Tato cando se alcanzaba a media hora de xogo, pero o cadro granate, a pesar de tentalo, foi incapaz de igualar a contenda.

Continuaron as ocasións para ambas as escuadras pero non foi ata practicamente a recta final cando o Celta sentenciou cun gol de José Rivera no minuto 84.

Dous minutos despois, o colexiado expulsou ao xogador visitante Adrián Aguiar, pero xa non quedaba tempo para a reacción e os de Jesús Ramos terminaron caendo por 0-2.

Na próxima xornada os granates visitarán ao Arzúa, faroliño vermello da clasificación, na que será unha boa oportunidade para sumar o primeiros tres puntos da tempada.