Tivo que esperar á quinta xornada de liga pero o filial granate logrou ao fin estrear o seu marcador de triunfos na Terceira RFEF.
Fíxoo cun triunfo ademais fóra da casa, no campo dun Arzúa que queda afundido na última praza. Os de Jesús Ramos pola súa banda, que sumaran dous empates ata a data, dispáranse con 5 puntos cara á metade da táboa.
Ademais do triunfo o Pontevedra B, que só lograra dous tantos este curso, cimentaron a vitoria nun gran rendemento ofensivo.
Foi Toño, de penalti a pouco antes dos 10 minutos o encargado de abrir o marcador para o filial, conseguindo ampliar a vantaxe seis minutos despois Gonzalo.
O Arzúa recortou distancias no minuto 41, pero na seguinte acción Berni facía o 1-3 para marchar ao descanso co choque encarrilado.
Fataban iso si 45 minutos por diante, e os locais non querían darse por vencidos volvendo apertar o marcador co 2-3 de Iker Hurtado e media hora por xogarse.
Tiveron que apertar os dentes os de Jesús Ramos para controlar o choque e evitar poñer en perigo un resultado moi valioso e que supón todo un empuxón de moral para o equipo.