O Pontevedra B cambia de escenario para a oitava xornada de liga de Terceira RFEF.
O filial granate, que xogou ata a data no campo da Seca en Poio e tamén no segundo campo do Complexo Manolo Barreiro da Xunqueira, disputará o seu próximo encontro no Estadio Municipal de Pasarón.
Será o duelo que lle medirá o vindeiro sábado 28 de outubro ao Estradense, a partir das 16.00 horas.
Na cita o equipo adestrado por Jesús Ramos, décimo sexto con 5 puntos, buscará o seu segundo triunfo do curso fronte a un rival directo, e é que os da Estrada lle seguen na táboa con 4 puntos, tamén en zona de descenso.
A entrada ao choque será de balde para os abonados do Pontevedra.