O Pontevedra estrea a súa nova equipación

Pontevedra
24 de agosto 2019

A marca Hummel substitúe a Joma e presenta unha camiseta granate con bandas azuis nas mangas e a silueta do escudo nun costado

Primeira equipación do Pontevedra para o curso 2019-2020
Primeira equipación do Pontevedra para o curso 2019-2020

O Pontevedra xa ten novo equipación. O conxunto granate disputou este sábado o primeiro partido de liga coas novas camisetas, pero non aínda as definitivas. Despois de varias campañas vestindo a marca Joma, será Hummel a firma que vestirán os xogadores do cadro de Pasarón.

No duelo fronte ao Coruxo, o equipo vestiu unha camiseta granate con motivos brancos na manga. Con todo, o primeiro equipamento do equipo para os seguintes partidos será lixeiramente distinta. A base da camiseta será granate, cunhas bandas azul mariño nas mangas e sobre elas uns motivos en branco. Ademais nun dos costados, a camiseta leva a silueta do escudo. Nos próximos días, o club presentará as outras equipamentos.

Outra novidade desta tempada é que, por primeira vez, haberá dorsais fixos en Segunda B. Nas últimas campañas, era obrigatorio que os xogadores titulares levasen os dorsais do 1 ao 11. A partir de agora, cada un terá o seu propio número, o que lucirá durante toda a liga e tamén co seu propio nome.