Nova peza para o Pontevedra Club de Fútbol a poucas horas de que arranque oficialmente a liga na Segunda División B coa súa visita ao municipal vigués de Barreiro (domigo, 12:00 horas).
O club granate anunciou na tarde deste xoves a contratación do atacante sevillano Iván Martín, aínda que a súa chegada non supón pechar o plantel.
A intención do Consello de Administración é poder contratar outro dianteiro de nivel que achegue maiores solucións ofensivas ao equipo, xa que Martín, con 22 anos, ocupará unha das fichas sub-23 libres.
Iván Martín asina co Pontevedra por unha tempada e chega á cidade de Lérez procedente do filial do Real Valladolid, no que a pasada tempada xogou 29 partidos de liga anotando 2 goles.
Antes do seu paso por Pucela, o ariete pertenceu ao Tudelano e tamén defendeu as cores de Alcoyano, Écija e Betis B.
O novo xogador granate incorporarase este venres aos adestramentos do equipo ás ordes de Luisito na sesión prevista no campo da Seca en Poio. Con só dous adestramentos por diante antes do choque de liga ante o Celta B, antóllase complicado que o seu debut coa camiseta granate produza na primeira xornada da competición.