O Pontevedra finaliza a pretempada con vitoria sobre o Verín (0-4)

Pontevedra
29 de agosto 2021

O Pontevedra Club de Fútbol finalizou da mellor maneira a fase de preparación cara ao comezo de liga. O equipo adestrado por Anxo Rodríguez visitou ao Verín para disputar o encontro de celebración do 50 aniversario do equipo ourensán, ao que venceu grazas aos goles de Martín Diz, Rufo, Oier Calvillo e Jaichenco

O Pontevedra consegue o triunfo ante o Verín CF
O Pontevedra consegue o triunfo ante o Verín CF / Pontevedra Club de Fútbol

O Pontevedra Club de Fútbol finalizou da mellor maneira a fase de preparación cara ao comezo de liga. O equipo adestrado por Ángel Rodríguez visitou ao Verín para disputar o encontro de celebración do 50 aniversario do equipo ourensán, ao que venceu grazas aos goles de Martín Diz, Rufo, Oier Calvillo e Jaichenco.

Os granates fixeron valer a súa condición de equipo de superior categoría dominando desde o asubío inicial, pero non foi ata alcanzado o minuto 20 cando se adiantaron. Romay filtrou un pase ás costas da defensa local e Martín Diz tocou o xusto para enviar o balón á rede. 

Despois do gol, o Pontevedra seguiu tendo o control do partido pero non foi capaz de xerar claras ocasións ata pasado o tempo de descanso, momento que aproveitou Ángel Rodríguez para mover ficha. Martín Diz e Pablo Cacharrón quedaron no banco e entraron no seu lugar Oier Calvillo e Álvaro Cortés.

O Pontevedra gustábase e conseguía chegar con mellor claridade á área rival, enviando balóns a un Rufo que foi o máis listo dentro da área do Verín cando no minuto 58, aproveitou un barullo nas filas locais para anotar a segunda diana do seu equipo. Pouco despois, o técnico granate deu entrada a Santi Figueroa, Pacheco, Jaichenco e Jacobo López, que substituíron a Seoane, Samuel Santos, Soto e Álex González.

Os erros sucedíanse un tras outro no campo ourensán, chegando a cometer penalti sobre Diego Seoane. Oier Calvillo, moi decidido, dispúxose a lanzar desde os once metros e, enganando ao porteiro local, sentenciaba a vitoria para o Pontevedra marcando o 0-3.

Pero a goleada non quedou aí. O canteirán Jaichenco, un habitual goleador nos partidos de pretemporada, sumouse á festa anotando un golazo por encima do gardameta do Verín, deixando visto para sentenza o duelo.

Finalmente, 0-4 para un Pontevedra que parece que puíu erros para gol nesta última semana e afronta en boa forma a primeira semana de tempada.

A próxima fin de semana o equipo granate recibirá en Pasarón ao Compostela, primeira pedra no camiño polo ascenso.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora