O Pontevedra freta un autobús para que os seus afeccionados arroupen o equipo en Palencia

Pontevedra
24 de xaneiro 2017

O custo da viaxe, entrada incluída, será de 12 euros, de balde para os menores de 15 anos. Os interesados poden anotarse nas oficinas do club, no Estadio Municipal de Pasarón

Venta de entradas nas oficinas do Estadio Municipal de Pasarón
Venta de entradas nas oficinas do Estadio Municipal de Pasarón / Daniel Santomé

O Pontevedra Club de Fútbol decidiu organizar unha viaxe para que os seus afeccionados poidan estar presentes o vindeiro domingo (17:00 horas) en Palencia arroupando ao equipo no estadio da Nueva Balastera.

O club granate fretará un autobús que partirá o mesmo día do partido, ás 6:45 horas, desde as inmediacións do Fondo Sur de Pasarón, regresando tras o partido.

O prezo da viaxe fixouse en 12 euros por afeccionado, entrada incluída, sendo de balde tanto o desprazamento como o acceso ao campo para os menores de 15 anos.

As persoas interesadas poden anotarse nas oficinas do Estadio Municipal de Pasarón ata o medio día do venres, en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas. A entidade seguirá de maneira rigorosa a orde de inscrición ata completar as prazas dispoñibles.

A impulsada polo club será a única viaxe organizada de afeccionados a Palencia, tras suspenderse a expedición promovida por un grupo de seguidores co patrocinio económico do grupo opositor ao Consello de Administración.