O Pontevedra iniciará a liga recibindo o Valladolid Promesas en Pasarón

Pontevedra
23 de xullo 2024

A Real Federación Española de Fútbol sorteou este martes o calendario de competición de Segunda RFEF, deparando unha estrea na casa para os granates a fin de semana do sábado 31 de agosto e domingo 1 de setembro

Partido de liga entre Pontevedra e Valladolid Promesas en Pasarón
Partido de liga entre Pontevedra e Valladolid Promesas en Pasarón / Cristina Saiz

A Real Federación Española de Fútbol sorteou este martes o calendario de competición de Segunda RFEF, deparando unha estrea na casa para o Pontevedra Club de Fútbol a fin de semana do sábado 31 de agosto e domingo 1 de setembro.

En concreto os granates recibirán nesa data o Real Valladolid Promesas no Estadio Municipal de Pasarón.

Será un inicio de liga esixente para os de Yago Iglesias, e é que tras a estrea chegarán dúas saídas consecutivas a campos de dous téoricos rivais directos polos postos de honra, a SD Compostela (8 de setembro) e Numancia (15 de setembro).

O Pontevedra non volverá xogar en Pasarón ata a xornada 4, cando reciba o RC Deportivo Fabril (22 de setembro).

Ademais de debutar como local, os granates tamén pecharán a liga regular no seu estadio, o 4 de maio contra o Real Ávila.

Consulta aquí o calendario completo do Grupo I de Segunda RFEF para a tempada 24/25.