O Pontevedra prepara unha viaxe organizada para que os seus afeccionados acompañen o equipo en Xixón

Pontevedra
16 de novembro 2015

O club granate enfróntase o vindeiro sábado (15:45 horas) ao filial do Real Sporting nas instalacións de Mareo, onde buscará o seu cuarto triunfo consecutivo lonxe do seu estadio

Os xogadores do Pontevedra agradecen o seu apoio aos afeccionados granates desprazados a Santander
Os xogadores do Pontevedra agradecen o seu apoio aos afeccionados granates desprazados a Santander / Pablo Lanza / www.contrameta.com

A boa marcha do Pontevedra na liga, onde se situou ao bordo do play-off de ascenso tras vencer ao Izarra, elevou a moral en todos os estamentos do club granate, que se puxo a organizar unha viaxe coa intención de que os seus seguidores poidan acompañar ao equipo en Xixón.

O cadro adestrado por Luisito, que suma tres triunfos consecutivos consecutivos lonxe do seu estadio, visitará o vindeiro sábado (15:45 horas) ao filial do Real Sporting, nun partido que se xogará nas instalacións da cidade deportiva de Mareo.

A viaxe organizada polo Pontevedra terá un custo de 18 euros (máis a entrada do choque), estando programada a saída para o mesmo sábado ás 9:00 horas desde o Pavillón Municipal e regresando á finalización do encontro.

Os interesados poden anotarse nas oficinas do club ata as 14:00 horas do venres en horario de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas.