A falta de oportunidades para xogar ante o excelente momento de forma que atravesa Edu, levaron a Sergio Lloves a pensar no seu futuro inmediato no Pontevedra, tras recibir unha oferta para cambiar de aires nos últimos días.
Esa oferta, segundo anticipaba na tarde deste domingo o xornalista da Radio Galega, César Méndez, no programa Galicia en Goles, procedía do Rápido de Bouzas e finalmente, tras valorala, foi desestimada polo porteiro por diferenzas económicas entre as partes.
PontevedraViva contactaba con Sergio Lloves quen confirmaba a existencia de conversacións e tamén as razóns que lle levaron a pensar na súa marcha do club granate: "Llevo más de un año sin tener la oportunidad de jugar, desde el accidente de mi padre, que perdí el puesto, y la verdad es que aunque estoy muy contento en el Pontevedra, se me hace difícil".
O porteiro redondelano, que chegara na súa primeira etapa ao Pontevedra procedente precisamente do Rápido de Bouzas, explicaba que fora o técnico boucense, Jorge Otero, quen se dirixiu a el: "Parece que se les va durante tres meses el portero y necesitaban a alguien en ese puesto. Jorge habló conmigo y yo lo puse en conocimiento de Luisito, por lo que el Pontevedra estuvo siempre al tanto de las conversaciones, pero finalmente no hemos llegado a un acuerdo el Bouzas y yo, así que seguiré aquí".