O Pontevedra reduce en 127.000 euros a súa débeda

Pontevedra
18 de xaneiro 2019

A entidade granate presentará na súa próxima Xunta Xeral de Accionistas un supéravit nas contas da pasada campaña próximo aos 62.000 euros

Xunta Xeral de Accionistas do Pontevedra Club de Fútbol
Xunta Xeral de Accionistas do Pontevedra Club de Fútbol / Mónica Patxot

A próxima Xunta Xeral de Accionistas do Pontevedra Club de Fútbol arroxará uns números positivos para o club granate no que respecta á pasada tempada.

Segundo establecen as contas que se presentarán aos accionistas, o Pontevedra pechou o exercicio cun superávit de 61.759 euros, despois de incrementar sensiblemente os ingresos ata os 1.394.86 euros (202.719 euros máis que na anterior campaña).

Pola súa banda os gastos da tempada ascenderon a 1.332.327 euros.

A débeda do Pontevedra é actualmente de 1.102.184 euros

Estas cifras son se cabe máis reseñables pensando na débeda que arrastra o club granate, e que se viu reducida nun ano en 127.567 euros.

Debido a ese descenso reflectido no balance contable da entidade, a débeda do Pontevedra a final pasa a ser na actualidade de 1.102.184 euros.

Na Xunta Xera Ordinaria de Accionistas, prevista para o vindeiro luns 28 de xaneiro ás 19:30 horas en primeira convocatoria, someteranse a exame e aprobación as contas anuais e expoñerase o orzamento deseñado para o exercicio 2018/2019. Ademais está previsto, segundo a orde do día, solicitar autorización aos accionistas para emprender "acción de responsabilidade contra o anterior ou anteriores administracións" do club, en referencia ao que fóra presidente do Pontevedra, José Manuel Fernández.