O Pontevedra acaba de facer oficial a fichaxe do centrocampista vigués Yelko Pino. O mediocentro atopábase sen equipo e pasa a ocupar a última ficha sénior que tiña o cadro de Pasarón sen ocupar.
Formado nas categorias inferiores do Celta, Pino militou o curso pasado no Alxeciras, antes defendera as cores de equipos como o CD Lugo, Cultural e Deportiva Leonesa, SD Ponferradina, Atlético Baleares ou o Swindon Town FC e Queen Park Rangers ingleses.
A nova incorporación do Pontevedra CF asina por un ano e este luns xa se exercitará ás ordes de Ángel Rodríguez, que levaba reclamando durante toda a pretemporada a chegada dun xogador destas características para ter un equipo máis competitivo.