O Pontevedra tira de efectividade para remontar ante o Coruxo e seguir líder (3-1)

Pontevedra
18 de febreiro 2024

Non foi unha vitoria sinxela e sufriron máis do normal, especialmente cando o cadro vigués de adiantou practicamente nada máis comezar o partido. Charly, cun dobrete, volteó o resultado, e Borja Domínguez, de cabeza á saída dun córner, fixo o 3-1 co que ademais se estreou como goleador esta tempada  

Partido de liga entre Pontevedra e Coruxo en Pasarón
Partido de liga entre Pontevedra e Coruxo en Pasarón

Se algo caracteriza o Pontevedra de Yago Iglesias é a súa efectividade en canto ao gol, e é que a pesar de non ofrecer a súa mellor versión nin xerar demasiadas ocasións na área do Coruxo, as que tivo materializounas.

Non foi unha vitoria sinxela e sufriron máis do normal, especialmente cando o cadro vigués adiantouse practicamente nada máis comezar o partido. Charly, cun dobrete, volteou o resultado, e Borja Domínguez, de cabeza á saída dun córner, fixo o 3-1 co que ademais se estreou como goleador esta tempada.

Comezou o partido da peor maneira para os granates. Cumpríronse o primeiros catro minutos de xogo cando Álex Rey recuperou o esférico no seu propio campo, conduciu pola dereita perseguido por Samu Mayo e serviu ao momento de penalti para que Davo subise o 0-1 ao marcador.

Buscou a reacción o Pontevedra pero nada lle saía. O Coruxo estaba moi firme en defensa e os locais tentaban penetrar pero sen conseguilo. Só Yelko, tras centro de Dalisson desde a dereita foi o primeiro en poñer a proba a Andrii Chekotun cun disparo afastado xusto despois do gol rival, pero ata aí foi todo. De feito é que aos granates non lles duraba nada o esférico nos pés e viñan superados no medio centro en todas e cada unha das xogadas.

Pero o Pontevedra non desesperou. Saque de esquina do Coruxo que despois de dar no poste atallou Edu Sousa, buscou en longo a Chiqui en banda esquerda, conduciu ata a interior da área e buscou o centro chute. Johan estirou o brazo dentro da área e penalti claro para os de Pasarón. Sen Rufo no verde, o encargado de tirar o penalti foi Charly e, con moito sangue frío, enganou a Chekotun para devolver as táboas ao luminoso.

Tiveron os visitantes o que puido ser o 1-2 cun man a man de Pitu, pero Edu, salvador, detivo. E foi o Pontevedra o que conseguiu o premio por segunda vez pouco despois. Presión alta en área rival, Yelko roubou a carteira a Andrew dentro da área, viu chegar a Charly e este xutou. O balón deu na madeira, Johan tentouna sacar de debaixo dos paus pero xa entrara. Os xogadores do equipo vigués reclamaron gol pantasma, pero o colexiado estivo acertado e deu por válido o 2-1.

O gol foi un xerro de auga fría para o Coruxo, que non o estaba merecendo. E á saída dun córner, só tres minutos despois, Dalisson púxoa, e Borja, sen oposición, cabeceou á rede para estrearse como goleador esta tempada.

Pese ao resultado, os de David De Dios non viñeron abaixo e seguiron atopando profundidade pola súa banda dereita por medio de Davo, que aproveitaba que Chiqui quedaba descolgado arriba e non lle daba tempo de baixar a defender para sumar unha chegada máis de perigo que, de novo, Edu salvaba.

Ao fío do descanso, a balón parado, Dalisson dispuxo dunha falta en tres cuartos de campo coa que puido sentenciar, pero o seu misil foise rozando o traveseiro.

Tras o paso polos vestiarios, Yago Iglesias cambiou a formulación. Álex González pasou ao lateral esquerdo para protexer a banda de Chiqui, reforzou o medio centro e o Pontevedra pasou a ser dono e señor da posesión.

A pesar diso, as ocasións brillaban pola súa ausencia e tanto a uns como a outros lles custaba un mundo pisar área rival. De feito, non foi ata o minuto 64 cando se produciu a ocasión máis clara da segunda metade. Johan levou o balón, chegou a frontal e sacou un potente zurdazo que se estrelou na cruceta.

Alcanzado o minuto 70, o técnico local axitou o banco cun triplo cambio. Yelko, Dalisson e Charly fóronse ao banco e Bastos pasou a ocupar a banda dereita, Toño Calvo a media punta e Rufo de dianteiro, e, minutos despois, deu entrada a Guèye en lugar de Chiqui.

Con todo, a pesar dos cambios, o partido íase consumindo sen que nada ocorrese. O Pontevedra pecaba de cando en vez de confianza en defensa, pero reaccionaba rápido, mentres o Coruxo, incapaz de aguantar o ritmo imposto polos granates, sumíronse nun quero e non podo que terminou por condenalos nunha nova derrota.

PONTEVEDRA CF (3): Edu Sousa, Churre, Mario Gómez, Álex González, Borja, Yelko (Bastos, min. 70), Chiqui, Samu Mayo, Dalisson (Toño Calvo, min. 70), Garay e Charly (Rufo, min. 70).

CORUXO (1): Andrii Chekotun, Pereiro (Bugarín, min. 81), Dani Vidal (Insua, min. 64), Andriu, Davo, Añón (Teles, min. 64), Álex Rey (Borja M, min. 81), Mario García, Mikel, Pitu (Guido, min. 81) e Johan.

Goles: 0-1, Davo,  min. 4. 1-1, Charly (de penalti), min. 19. 1-2, Charly, min. 29. 1-3, Borja, min. 32.

Árbitros: Álvaro Sahelices Puga, auxiliado en bandas por David Villabeirán Souto e Avelino González González (Asturias). Amoestou a David Añón (28') no Coruxo.

Incidencias: Partido da xornada 23 de liga en Segunda RFEF disputado no Estadio Municipal de Pasarón ante 2.672 espectadores.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora