Luisito contará dende este luns cun novo futbolista ás súas ordes, o portugués Marcelo Faría, que se incorpora ao Pontevedra en período de proba.
Marcelo deberá convencer o técnico nas próximas semanas, despois de abandonar o Santa María de la Segunda Divisao, equivalente á Segunda B española.
Trátase dun xogador de 24 anos e corte defensivo, natural de Viana do Castelo, que esta tempada xogou 11 partidos, seis deles como titular.
O futbolista estivo presente este domingo no palco do Estadio Municipal de Pasarón presenciando o triunfo por 2-0 dos granates ante o ÿrdenes.