O Racing presenta ao seu novo dianteiro antes de recibir ao Pontevedra

Pontevedra
30 de agosto 2016

O cadro santanderino presentou este luns a Caye Quintana, procedente do Real Valladolid, e chegará á cita do próximo domingo co Pontevedra cunha sóla baixa, a do centrocampista Álvaro Peña por sanción

Presentación de Caye Quintana como novo xogador do Real Racing Club
Presentación de Caye Quintana como novo xogador do Real Racing Club

Despois dun bo inicio de liga, con empate fóra da casa ante o Guijuelo e triunfo claro ante o Mutilvera en Pasarón, o Pontevedra prepárase xa para render visita a un dos campos máis complicados da categoría, o do sempre favorito Real Racing Club de Santander.

O club cántabro tamén acumula catro puntos tras as dúas primeiras xornada de liga e chegará á cita con todo o seu arsenal dispoñible, a excepción do centrocampista Álvaro Peña, expulsado a pasada fin de semana en Vigo ante o Celta B.

O ex-técnico granate Ángel Viadero, agora no banco do Sardinero, poderá contar co seu novo dianteiro, o andaluz Caye Quintana, presentado este luns como xogador do Racing procedente do filial do Real Valladolid. Unha incorporación que fai contar aos de Santander con "un equipo equilibrado y compensado", sinalou Viadero.

Tamén o Pontevedra acudirá a Santander con todo o seu equipo dispoñible, xa que salvo contratempo durante a semana a enfermería está actualmente baleira.

Os granates, que este martes contan con xornada de descanso, volverán o mércores aos adestramentos para preparar o choque do próximo domingo (19:00 horas) nos Campos de Esport de El Sardinero.