O Racing Villalbés únese á festa ao impoñerse o Ribadumia (0-2) na Senra

O Salnés
23 de marzo 2015

Un máis que se une ao nutrido pelotón de equipos que loitan pola cuarta e última praza de play-off. O Rácing Villalbés súmase á festa tras impoñerse ao Ribadumia na Senra, nun partido marcado polo forte vento que dificultou o xogo de ambos os dous equipos, e a ordenada e eficaz defensa do equipo de ÿscar Gilsanz

Changui, no partido entre Ribadumia e As Pontes na Senra
Changui, no partido entre Ribadumia e As Pontes na Senra / Diego Torrado

Un máis que se une ao nutrido pelotón de equipos que loitan pola cuarta e última praza de play-off. O Rácing Villalbés súmase á festa tras impoñerse ao Ribadumia na Senra, nun partido marcado polo forte vento que dificultou o xogo de ambos os dous equipos, e a ordenada e eficaz defensa do equipo de ÿscar Gilsanz.

Os visitantes, que fixeron un bo partido, adiantáronse pronto no marcador, cun remate de Make dende a frontal, que sorprende a Javi Sánchez. O Ribadumia intentou reaccionar, cun fútbol directo en busca de Changui, e tivo a súa oportunidade nun disparo que rematou no longueiro.

O segundo tempo foi de dominio local, pero con pouco perigo ante a boa defensa dun Rácing Villalbés que esperaba a súa oportunidade para sentenciar a contra. Conseguiuno a falta dun minuto para o final, cun gol de Poratti en xogada de Make, apeando aos de Gabi Leis das prazas de play-off.

CD RIBADUMIA (0): Javi Sánchez; Pacheco (Fran Matos, min. 69), ÿscar Río, Miguel Vázquez, Arán (Martín Barreiro, min. 74), ÿscar Guimeráns, Sidibé, Álex Gómez, Nelo, Changui e David Pérez (Adrián Padin, min. 56).

RÁCING VILLALBÿS (2): Viuski; Dani, Álex, Xusto, Roberto, Hugo, Poratti, Make, Rubén Pardo (Iván González, min. 78), Justino (Pablo Vivero, min. 70) e Villares (López, min. 89).

Árbitro: Francisco Xabier Rodríguez Campos (A Coruña), auxiliado nas bandas por Eric Vázquez Veiras e Manuel Casanova Vázquez. Amoestou Alex Gómez del Ribadumia e Dani, Álex e Rubén Pardo del Racing Villalbés.

Goles: (0-1) Minuto 10: Make. (0-2) Minuto 89: Poratti.

Incidencias: Campo Municipal da Senra (Ribadumia). Uns 200 espectadores.