O RallyMix Cuntis e a II Subida a Marín, únicas probas automobilísticas da comarca que se manteñen no calendario

Pontevedra
24 de maio 2020

O RallyMix Cuntis Vila Termal celebrará a súa cuarta edición os días 11-12-13 de setembro; e a II Subida a Marín, única proba do Campionato Galego de Montaña que se disputará, será os días 18-19-20 de setembro

III RallyMix Cuntis Vila Termal
III RallyMix Cuntis Vila Termal / Concello de Cuntis

A crise sanitaria polo coronavirus estivo obrigando a cancelar probas automobilísticas e eventos deportivos, con todo, tal e como trasladou a Federación Galega de Automobilismo coa publicación do calendario de competición actualizado, hai algunhas competicións que se salvaron e está previsto que se disputen.

Desta maneira, dentro da comarca tan só mantéñense dúas probas. Trátase do RallyMix Cuntis Vila Termal, primeira proba automobilística suspendida cando se decretou o estado de alarma; e a II Subida a Marín, aínda que dende o Concello sinalan que todavía non é algo confirmado 100%.

O RallyMix Cuntis celebrará a súa cuarta edición os días 11-12-13 de setembro, nun campionato galego que estará completado polas probas de Porriño, Barbadás e Touro, únicas probas de RallyMix que se disputarán este ano.

En canto á II Subida a Marín, tería lugar os días 18-19-20 de setembro, completándose o certame autonómico de montaña coas subidas a Saleta, Oia, Taboadela e Dumbría.

Pola súa banda, dentro das probas que foron canceladas e aprazadas para 2021 se encuentra la Subida Cidade de Pontevedra, que se suma ás da Escusa e Ponte Caldelas aprazadas esta semana.

Algunhas das competicións que si está previsto que se celebren en Galicia son, entre outras: o Rally do Cocido (Lalín, 7-8-9 de agosto), o Rally Rías Baixas (Vigo, 4-5-6 de setembro), o San Froilán (16-17-18 de outubro) ou o Rally Botafumeiro (Santiago, 11-12-13 de decembro).