O RallyMix de Ribadumia aposta por crecer na súa segunda edición

O Salnés
14 de xullo 2022

A proba automobilística, que cumprirá a súa segunda edición os días 23 e 24 de xullo, foi presentada oficialmente este xoves

Presentación do II RallyMix Concello de Ribadumia
Presentación do II RallyMix Concello de Ribadumia / Concello de Ribadumia

A segunda edición do RallyMix Concello de Ribadumia conta as horas para que ruxan os motores. Mentres iso non sucede, abriu boca coa súa presentación oficial.

A proba automobilística, incluída dentro do campionato galego da especialidade e organizada pola Escudería Desguaces Tino Racing, celebrarase os días 23 e 24 de xullo.

Farao cun "tramo cronometrado de 12 quilómetros, tres máis que o ano pasado", explicou Pablo Iglesias, representante da organización.

"Imos tentar ir crecendo aos poucos, consolidar entre todos esta proba deportiva", defendeu o alcalde Ribadumia, David Castro, nunha presentación que contou, entre outros, co Secretario Xera para o Deporte da Xunta de Galicia.

O trazado mixto de terra e asfalto, coa súa ampliación, penetrará nesta ocasión no municipio veciño de Meis buscando que sexa "máis atraínte e vistoso".

O segundo RallyMix Concello de Ribadumia contará con cinco mangas oficiais cronometradas, tres delas previstas desde as 12.30 horas do sábado 23 de xullo e dous máis o domingo 24 desde as 10.00 horas.