O Ravachol renova á súa xoven promesa, Ania Setién

Pontevedra
07 de agosto 2021

O Club Bádmiton Ravachol Pontevedra acaba de renovar á xoven promesa Ania Setién para disputar a próxima tempada en División de Honra. A vasca afincada en Galicia exercitarase durante o verán o Centro de Alto Rendemento de Madrid, pero seguirá vinculada ao equipo pontevedrés no que será o seu segundo ano

Ania Setién renova co Bádminton Ravachol
Ania Setién renova co Bádminton Ravachol / CB Ravachol Pontevedra

O Club Bádmiton Ravachol Pontevedra acaba de renovar á xoven promesa Ania Setién para disputar a próxima tempada en División de Honra. A vasca afincada en Galicia exercitarase durante o verán o Centro de Alto Rendemento de Madrid, pero seguirá vinculada ao equipo pontevedrés no que será o seu segundo ano.

A número 6 actual do mundo junior e 7 veces campioa de España en categorías inferiores, disputou tan só 10 partidos ligueiros co primeiro equipo, cun balance de cinco vitorias e cinco derrotas.

Lastrada polas lesións, Ania Setién espera "achegar moitos puntos ao equipo e ter a continuidade que as lesións me impediron o ano pasado" e únese aos xa renovados Manuel Brea, Georgina Bland, Álex Nogueira, Ana Carbón, Gabriel Fernández e á fichaxe de Jacobo Fernández.

O director deportivo do club, Jesús Pereiro, explicou que esta tempada "esperamos que as lesións queden atrás e podamos ver no tapiz todo o potencial de Ania, que sen dúbida é o futuro do bádminton nacional" e afirmou que desde o Ravachol están "moi contentos" pola renovación da xogadora, "chovéronlle ofertas de moitísimos clubs tanto españois como estranxeiros, algo normal pola súa impresionante traxectoria e progresión, pero a súa predisposición para quedar connosco pesou máis que o económico, polo que lle agradecemos enormemente esta decisión".

Pola súa banda, a dirección deportiva segue traballando na confección do equipo, especialmente na parte feminina, e xa negocia con algunhas posibles fichaxes que se poderían concretar nas próximas semanas.

FALTA DE INSTALACIÓNS

O Bádminton Ravachol segue insistindo na falta de instalacións para que adestren os equipos basees do club. "A pesar da predisposición do IES Sánchez Cantón para ceder de novo as súas instalacións como viña facendo antes da pandemia, non nos poden asegurar nada a día de hoxe, e o concello púxonos de prazo o día 9 para atopar instalación ou a escola municipal non sairá adiante" comentaba o coordinador das escolas e xogador do Primeiro Equipo, Manuel Brea.

"A escola municipal de bádminton foi un éxito desde que a sacamos por primeira vez, chegando a ter máis de 80 solicitudes para 30 prazas ofertadas, polo que é unha pena que non se atope un oco nalgunha instalación onde se poida levar a cabo", concluíu.