O Real Madrid gaña o Campionato de España Infantil de Baloncesto celebrado en Marín

Marín
11 de xuño 2022

Marín dixo adeus este sábado ao XLII Campionato de España de Clubs de categoría Infantil Masculino, onde o Real Madrid proclamouse campión nacional tras superar na gran final o CB Canarias por 68-54

O CB Canarias queda segundo no Campionato de España Infantil de Baloncesto celebrado en Marín
O CB Canarias queda segundo no Campionato de España Infantil de Baloncesto celebrado en Marín / Marín Peixe Galego

Marín dixo adeus este sábado ao XLII Campionato de España de Clubs de categoría Infantil Masculino, que encheu a vila das mellores canteiras do baloncesto a nivel estatal. 

Foi este sábado cando se puxo punto e final a este importante evento deportivo que tivo como campión nacional o Real Madrid, que superou na gran final o CB Canarias por 68-54.

O Valencia Basket foi o encargado de levantar o trofeo de terceiro clasificado despois de gañar por 63-72 o Joventut Badalona, que foi cuarto; quinto quedou o Real Canoe tras vencer o Unicaja por 68-74 e, finalmente, o sétimo posto foi para o CB L'Horta Godella, que gañou o Bahía San Agustín por 68-74.

Pero estes resultados non serían posibles sen os grandes xogadores que compoñen estes equipos, entre os que destacaron especialmente Babel Lipasu como MVP do torneo e líder en capturar os rebotes.

Manuel García, pola súa banda, foi o máximo asistente, Nicolás Marina o máximo anotador e Mateo Temeru foi nomeado MVP da gran final.

Con esta cita, Marín pon fin a unha semana chea de baloncesto na que numerosos afeccionados acudiron para gozar do deporte e das mellores canteiras de España.