O Rebouras Team achégase aos marinenses cunha exhibición en plena Alameda

Marín
19 de maio 2015

O club puxilístico organizou o domingo o I Trofeo Vila de Marín de boxeo infantil en catro categorías que se pechou cunha exhibición do equipo elite

Exhibición de boxeo na Alameda de Marín
Exhibición de boxeo na Alameda de Marín / Rebouras Team

Coincidindo coa celebración dunha feira de artesanía organizada pola Asociación Marinense de Artesás, na que se recolleron tapóns e alimentos non perecedoiros con fins benéficos, o Club Rebouras Team aproveitou a ocasión para achegar o seu labor aos marinenses.

En plena Alameda, o club puxilístico organizou o domingo 17 de maio o I Trofeo Vila de Marín de boxeo infantil.

Neste participaron nenos dende os 6 aos 14 anos nun total de catro categorías.

A xornada pechouse ademais cunha exhibición do equipo elite masculino e feminino que a próxima fin de semana disputará en Murcia os Campionatos de España de Boxeo.

Tratouse dunha acción organizada coa intención cambiar a imaxe agresiva do boxeo "por valores do deporte como compañeirismo, nobreza, humildade e respecto", sinalaron dende o Rebouras Team.