O Ribadumia cae contra o líder Arenteiro e xogará pola permanencia (3-1)

O Salnés
28 de marzo 2021

Dependía dunha carambola o Ribadumia, ademais de estar obrigado a gañar para permanecer na zona nobre da táboa. Aínda que os de Luís Carro deron a sorpresa na primeira metade adiantándose no marcador, enseguida rexurdiu o líder Arenteiro para vencer por 3-1

Partido entre Ribadumia e Arosa na Senra

Dependía dunha carambola o Ribadumia, ademais de estar obrigado a gañar para permanecer na zona nobre da táboa. Aínda que os de Luís Carro deron a sorpresa na primeira metade adiantándose no marcador, enseguida rexurdiu o líder Arenteiro para vencer por 3-1.

Dominou o equipo aurinegro desde o minuto uno, xerando as mellores ocasións de perigo na área de Diego García. Así, de tanto insistir, acabou atopándose co premio tan merecido. Hugo Soto recibiu o esférico dentro da área despois dun balón parado e picouno por encima do porteiro local, que non puido facer nada por evitar o gol ( min. 17).

A partir de aí o Ribadumia fixo o seu traballo, replegando moi ben en defensa para saír ao contragolpe cos tres xogadores de arriba cos que crearon maior perigo, pero a enerxía foise esgotando co paso dos minutos e o Arenteiro aproveitou para dar a volta ao partido no últimos cinco minutos da primeira metade.

Javi Pazos igualou no 41 e medio, rematando un centro que lle chegou desde tres cuartos de campo e, pouco despois, Victor Eimil realizou a xogada do partido para poñer aos seus por diante no marcador. Colleu o balón en campo propio, regateou a dous defensores e, xa desde dentro da área, enviou un mísil imparable para Rober Pazos.

Ao chegar do vestiario saíu máis enchufado o equipo de Carballiño, que nada máis pisar o verde noqueó ao Ribadumia cun gol de Renan ao aproveitar un rexeite dun defensor. Xa co 3-1, os de Luís Carro fóronse apagando co paso dos minutos, dando por perdido un encontro no que marcador non se volveu a mover.

Con este resultado, o Ribadumia deberá xogar a promoción de descenso á que chega con 26 puntos. O Barco chega líder (30) , seguido de Arzúa (29), Viveiro e Ourense CF (28), UD Ourense (25), Atios (20), As Pontes (19), Fisterra (17), Paiosaco (12) e Pontellas (9).

Consulta a acta do Arenteiro Ribadumia