Este sábado foi un día especial para o C.D. Ribadumia.
Despois de que a Federación Galega formalizase o seu ascenso a Terceira División, chegou a oportunidade de festexalo cos xogadores, técnicos, socios e afeccionados no Auditorio de Ribadumia.
Foi unha celebración particular xa que, debido á pandemia do Covid-19, a festa tivo que realizarse cumprindo as limitacións impostas polo Goberno.
Aínda que ao club gustaríalle celebralo con todos os seus simpatizantes, ao acto só puideron acudir 80 persoas (a terceira parte do aforo do recinto) e todas elas portando a súa máscara e mantendo a distancia de seguridade entre elas.