Houbo de esperar o Ribadumia ata o tempo engadido para salvar un punto na visita do Bergantiños. Os de Carballo fixeron valer o seu bo traballo defensivo para tirar proveito do gol temperán que lles permitiu adiantarse no marcador.
Os de Javi Oreiro marcaban por medio de Álex Canedo, ao rematar de cabeza á saída dun córner, no minuto 8. Logo tiveron máis chegadas, pero sen acertar a culminalas, fronte a un Ribadumia que non encontraba o seu sitio no campo, nin o modo de facerse co control do xogo.
Dominou o Ribadumia na segunda parte, nas que recorreu ao fútbol directo como opción para poñer cerco á meta visitante, pero o Bergantiños defendeuse con orde, ata que no desconto chegaba o empate tras unha falta ao bordo da área que lanzou Changui, a defensa rexeitou pero Sylla, oportuno, lograba marcar.
CD RIBADUMIA (1): Javi Sánchez; Nelo (Martín Barreiro, min. 75), ÿscar Río, Miguel Vázquez, Arán, ÿscar Guimeráns, Sidibé, Álex Gómez, Sylla, Changui e Adrián Padín (Ismael, min. 46).
BERGANTIÿOS CF (1): Pallás; Borja Facal, Rama, Lista, Álex Canedo, Míguez, Moreira (Denis, min. 68), García, Ekedi (Stefan, min. 83), Roberto Piñeiro (Becerra, min. 87) e Germán Pérez.
Árbitro: José Antonio Fernández Rodríguez (Ourense), auxiliado nas bandas por José Daniel Rodicio González e Iván Rubio Aviñoa. Amoestou a Javi Sánchez, ÿscar Río, Arán, Miguel e Sidibé, polo Ribadumia e a Christopher, Germán Pérez, Míguez e Ekedi polo Bergantiños.
Goles: (0-1) Minuto 8: Álex Canedo. (1-1) Minuto 92: Sylla.
Incidencias: Campo Municipal da Senra (Ribadumia). Uns 200 espectadores.