O rugby pontevedrés quere seguir crecendo e gañando adeptos, e para iso buscouse compañeiros de fatigas noutros clubs galegos.
O novo aliado do Pontevedra Rugby Club (PRC), que competirá a próxima campaña na Primeira División Galega, é o Barbanza, equipo no que poderán seguir evolucionando xogadores da canteira pontevedresa.
Trátase dun acordo que chega nun ano importante para a entidade, coa previsión de contar con preto de 40 fichas sénior para unha campaña na que se medirá a clubs que pasaron por categoría nacional como o Campus Ourense, o Rugby Ferrol, o CRAT da Coruña ou o Vigo Rugby.
A todo iso súmanse os equipos basee da entidade, consolidados e que seguen recibindo novos xogadores.
Pola súa banda o Mareantes Rugby Club competirá a campaña que está a piques de comezar na Segunda División Galega, e farao como filial do Vigo Rugby Club.
Ambos os dous clubs chegaron a un acordo de colaboración para as dúas próximas tempadas, o que permitirá ao cadro pontevedrés contar co respaldo do cadro técnico da entidade viguesa.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.