O sector do Campionato de España Cadete, unha nova oportunidade de brillar para a canteira do Cisne

Pontevedra
24 de maio 2022

O Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra será escenario desde o venres 27 ao domingo 29 de maio dun dos sectores do campionato nacional cadete de balonmán, e que colle a substitución á competición xuvenil que se celebrou recentemente na cidade

Presentación do sector do Campionato de España Cadete de balonmán
Presentación do sector do Campionato de España Cadete de balonmán / Diana Eiras

Pontevedra e o Club Cisne Balonmán prepáranse para o segundo dos tres sectores do Campionato de España de que organizará esta campaña.

Tras a cita xuvenil, na que os pontevedreses rozaron o pase á fase final, tócalle agora á categoría cadete, na que o Cisne aparece como candidato a todo.

"Esperemos que esta vez a moeda que no xuvenil saíu cruz salga cara, pero o fundamental é que os rapaces o pasen ben", defendeu este martes na presentación oficial do sector nacional o presidente cisneísta, Santi Picallo, acompañado do concelleiro de Deportes, Tino Fernández, quen destacou que "este ano o balonmán pontevedrés da man do Cisne está a conseguir éxitos fantásticos".

A competición terá lugar no Pavillón Municipal dos Deportes desde o vindeiro venres 27 ao domingo 29 de maio, coa presenza ademais das canteiras do Ademar de León, Galdar e Grupo Covadonga.

Os partidos que se disputarán son os seguintes:

  • Venres 27 de maio: Ademar León - Grupo Covadonga (18.00 horas) e Club Cisne - Galdar (20.00 horas).
  • Sábado 28 de maio: Ademar León -  Galdar (10.30 horas) e Club Cisne - Grupo Covadonga (12.30 horas).
  • Domingo 29 de maio:  Galdar - Grupo Covadonga (9.30 horas) e Ademar León - Club Cisne (12.00 horas).