O soño do ascenso para o Peixe Galego, a só dous partidos

Marín
17 de maio 2019

O pavillón da Raña vestirase este domingo (18:30 horas) de gala na ida da eliminatoria final polo ascenso á liga LEB Ouro que enfrontará ao Peixe Galego co CB  Villarrobledo

Partido entre o Peixe Galego e o HLA Alicante na Raña.
Partido entre o Peixe Galego e o HLA Alicante na Raña. / Diego Torrado

O pavillón da Raña vestirá este domingo (18:30 horas) de gala na ida da eliminatoria final polo ascenso á liga LEB Ouro que enfrontará ao Peixe Galego co CB Villarrobledo.

Non esperaban os de Marín coarse na fase final, pero unha vez dentro e desde a ilusión non renuncian a pelexar por dar o salto por segunda vez na súa historia á segunda categoría do baloncesto nacional.

"Creo que presión no debemos tener", sinala Javier Llorente, despois de clasificarse na última xornada "de una forma inesperada pero creo que merecida. Tiene un gran mérito haber seguido compitiendo cuando nos veíamos fuera".

Nunha situación contraria chega á eliminatoria o Villarrobledo, que cedeu o liderado e por tanto o único posto de ascenso directo con dúas derrotas nas dúas últimas xornadas. Trátase dun aspecto que o técnico do Peixe Galego cre que non será determinante, como tampouco o será que o cadro manchego converteuse esta campaña nunha especie de besta negra para os de Marín, con derrotas claras as dúas veces que se viron as caras.

"No hemos sido capaces de competir contra ellos en ninguno de los partidos. No es un equipo que por estructura nos venga bien", explica Llorente, pero "nos tiene que servir de experiencia", defende. Ademais, está o factor A Raña, que debe conseguir que "ellos sientan esa presión".

A mellor noticia para o Peixe Galego é que, tras unha tempada chea de problemas, poderá contar con todo o plantel dispoñible no momento clave, cando todo vaise decidir nun cara a cara de ida e volta. Ou Villarrobledo ou os de Marín ascenderán á liga LEB Ouro.