A Copa de España Elite e Sub-23 de ciclismo retomou o seu traxecto esta fin de semana en Vigo. O Grupo Deportivo Supermercados Froiz realizou unha moi boa actuación nos 180 quilómetros percorridos, pero o sprint final deixou ao equipo co mel nos beizos.
A dureza do terreo marcou toda a carreira, cunha escuadra alimenticia que tivo en Dani Jiménez, Nicolás Antorena e Pablo Alonso ás súas mellores bazas, logrando escaparse na fuga de sete corredores a dous minutos do pelotón.
A fuga máis perigosa marcouna Pablo Alonso, e os ciclistas do Caja Rural apertaron o acelerador para darlles caza. Así, no quilómetro 95, un grupo de 40 corredores disputou o tramo final.
Ramón Fernández ía nese pelotón, atacando a falta dun quilómetro e rozando a vitoria. Con todo, a falta de 50 para alcanzar a meta, o deportista do Froiz foi cazado polo grupo perseguidor e finalizou no posto 16.
Consulta a clasificación da Copa Vigo na seguinte ligazón