O Supermercados Froiz, terceiro na Volta ao Futuro

Pontevedra
09 de setembro 2019

O mellor clasificado da escuadra alimenticia foi Guillermo García, que acabou cuarto na clasificación xeral individual

Corredores do Supermercados Froiz na Volta ao Futuro Supermercados Froiz

O Supermercados Froiz segue abonado ao podio. A escuadra alimenticia pechou este domingo a súa participación na Volta ao Futuro cun terceiro posto na clasificación xeral por equipos.

Na última etapa da carreira, unha proba de alta montaña e de 122 quilómetros, o vencedor foi Carlos Salgueiro que aproveitou a fragmentación do pelotón para escaparse en solitario. Aínda así, o equipo pontevedrés soubo arroupar a Guillermo García para conservar o seu cuarto posto na xeral na que finalmente puido concluír a carreira.

Na clasificación individual, o gañador foi  Emanuel Duarte, que avantaxou en dous minutos ao mellor corredor do Supermercados Froiz.

"Os máis novos deron un moi bo rendemento, estamos satisfeitos co traballo feito", afirman desde o grupo deportivo.