O taekwondo galego e mexicano estreita lazos no CGTD

Pontevedra
22 de maio 2018

A Selección Mexicana Junior de taekwondo finalizou o domingo unha concentración en Pontevedra na que compartiu adestramentos cos deportistas bolseiros no centro de alto rendemento pontevedrés

Concentración da Selección Mexicana Junior de Taekwondo no CGTD Federación Galega de Taekwondo

O Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra foi escenario durante a pasada semana, dunha concentración internacional de taekwondo.

Desde o luns 14 e ata o domingo día 20 de maio a Selección Mexicana Junior deste deporte exercitouse nas instalacións pontevedresas, nas que compartiu experiencias cos deportistas galegos bolseiros no centro de alto rendemento.

O obxectivo desta concentración foi elevar o nivel de competitividade dos deportistas.

Tanto o adestrador de taekwondo do  CGTD como o seleccionador mexicano, Ismael Gómez, recoñeceron que as xornadas de convivencia permitiron "a ambos os dous grupos ter unha óptima preparación con miras aos próximos compromisos competitivos".