O taekwondo galego reúnese en Marín

Marín
11 de xaneiro 2023

O pavillón da Raña acollerá o vindeiro domingo 15 de xaneiro o Campionato Galego Absoluto de Taekwondo, coa participación dun cento de deportistas de 22 clubs de toda a comunidade

Presentación en Marín do Campionato Galego Absoluto de Taekwondo
Presentación en Marín do Campionato Galego Absoluto de Taekwondo / Concello de Marín

O pavillón marinense da Raña ten unha cita o vindeiro domingo 15 de xaneiro co taekwondo grazas á celebración do Campionato Galego Absoluto.

Preto dun cento de deportistas de 22 clubs da comunidade reuniranse no evento, cos locais Arlet Ortiz, Sergio Troitiño e Iván García como grandes nomes a seguir.

Será a primeira vez desde o ano 2016 que Marín acolla un campionato autonómico de taekwondo.

A competición, que foi presentada oficialmente no Concello, terá lugar de 9.00 a 14.00 horas.

A entrada para o público será de balde.