O Team Thunder de boxeo, ante una das semanas con máis actividade do ano

Marín
15 de novembro 2017

A principal cita para o club marinense terá lugar os días 18 e 19 de novembro en Valladolid, onde 10 dos seus deportistas de categorías base participarán no Campionato de España de Formas de Boxeo en Idade Escolar

Aarón González, na velada de boxeo celebrada en La Línea de la Concepción
Aarón González, na velada de boxeo celebrada en La Línea de la Concepción / Team Thunder Marín

O Team Thunder de Marín prepararse para vivir unha das fins de semana máis intensas do ano en canto a actividade puxilística, con tres citas nas que terá representación.

A principal, neste caso afectando ás categprías base, será o Campionato de España de Formas de Boxeo en Idade Escolar, no que o club marinense estará representado por unha decena de mozos boxeadores.

A cita terá lugar os días 18 e 19 de novembro en Valladolid para as categorías alevín, infantil e cadete, e alí estarán Fran Correa, Lucas Hermida, Eusebio Moreira, Marcos Recamán, Iker Barcia, Eloy Barcia, Xoán Villanueva, Pablo Lubián, Kevin Crespo e Amancio Martínez.

Todos eles presentarán as súas destrezas técnica na corda, sombra e na manopla, onde terán un tempo para convencer aos xuíces de que son os mellores do país nestas probas.

Ademais o Team Thunder centrará a súa atención noutros dous lugares. Javi Amoedo tomará parte no Campionato Galego Promesas que se celebrará en Vilagarcía, cun combate de cuartos de final ante o vigués Alberto Figueiras, mentres que Aarón González enfrontarase ao campión cubano Jeiler Sorzano na localidade asturiana de Ujo.