O Team Thunder presume de campión de España de formas de boxeo

Marín
20 de novembro 2017

O deportista alevín Eloy Barcia proclamouse a fin de semana en Valladolid campión nacional na proba de manoplas. Unha decena de mozos boxeadores do club marinense participaron na competición nacional

Equipo do Team Thunder no Campionato de España de Formas de Boxeo
Equipo do Team Thunder no Campionato de España de Formas de Boxeo / Team Thunder Marín

A localidada valisoletana de Boecillo foi escneario durante a fin de semana do IV Campionato de España de Formas de Boxeo Olímpico, en idade escolar, unaa competición na que estivo amplamente representado o Team Thunder.

O club marinense pode presummir ademais de contar nas súas filas con todo un campión nacional a pesar da súa curta idade, xa que o alevín Eloy Barcia levou o ouro na proba de manoplas.

Non foi ademais o seu único metal, xa que tamén subiu ao podio na modalidade de sombra ao levar a medalla de bronce.

No nacional de formas de boxeo, para as categorías alevín, infantil e cadete, participaron ademais Fran Correa, Lucas Hermida, Eusebio Moreira, Marcos Recamán, Iker Barcia, Xoán Villanueva, Pablo Lubián, Kevin Crespo e Amancio Martínez.

Toda unha recompensa ao traballo que o Team Thunder vén realizando para promocionar o boxeo desde as categorías de base.