Por fin tras varios aprazamentos, o Tenis de Mesa Monte Porreiro conta as horas para o inicio das ligas nacionais, con equipos na Superdivisión Masculina e a División de Honra, tanto feminina como masculina.
"Notamos ya un poco el hormigueo en el estómago", recoñece o director técnico do club, Nando Álvarez, pensando nas primeiras xornadas por concentración, que para o primeiro equipo masculino levaranlle a Lleida e que organizarán como locais na División de Honra Feminina os días 13 e 14 de marzo no pavillón de Príncipe Felipe.
"Estos últimos 15 días las sensaciones en los entrenamientos están siendo muy buenas", confesa Álvarez a pesar de que para o bloque de Superdivisión "va a ser un inicio muy duro".
Na primeira fin de semana de competición, en Cataluña, o Monte Porreiro medirase ao conxunto local, un Borges que "tiene un auténtico equipazo y va a por el título", e ao Arteal santiagués.
O adestrador do equipo pontevedrés sinala ademais que se deron "fichajes inesperados" noutros clubs pola suspensión de ligas como a alemá, o que fai que "se está hablando de la liga más fuerte de los últimos años", recoñece.
Por todo iso o obxectivo principal será conseguir a permanencia na máxima categoría, algo para o que será imprescindible ter un coidado máximo con posibles contaxios de covid, tras a última circular da Federación Española avisa que non se permitirán aprazamentos. "Puede ser un problema gordo", afirma Nando Álvarez ao tratarse de xornadas por concentración, xa que unha incidencia así afectaría a máis dun enfrontamento.
O plantel do primeiro equipo masculino traballa estes días case ao completo, á espera da chegada prevista para o 10 de marzo do arxentino Nicolás Galvano xunto co seu compañeiro Leandro Fuentes, que no seu caso reforzará a un bloque de División de Honra que ten como meta "disfrutar da categoría".
No que respecta ao equipo feminino, cun plantel 100% galego, "creo que podemos luchar por los puestos altos", afirma con rotundidade o preparador, esperanzado de poder protagonizar un bo papel na tempada nacional que está a piques de arrincar.