O Tenis de Mesa Monte Porreiro vence con autoridade o Irún Leka Enea (4-1)

Pontevedra
08 de marzo 2020

Volta ao rodo para o Tenis de Mesa Monte Porreiro no pavillón do Príncipe Felipe. Os de Pontevedra volveron á competición de Superdivisión masculina para enfrontarse aos segundos clasificados, o Irún Leka Enea, aos que venceron cun contundente 4-1

Repartición de puntos entre o TM Monte Porreiro e o Hispalis despois do parón da Superdivisión
Repartición de puntos entre o TM Monte Porreiro e o Hispalis despois do parón da Superdivisión / Diego Torrado

Volta ao rodo para o Tenis de Mesa Monte Porreiro no pavillón do Príncipe Felipe. Os de Pontevedra volveron á competición de Superdivisión masculina para enfrontarse aos segundos clasificados, o Irún Leka Enea, aos que venceron cun contundente 4-1.

Os primeiros en saír á cancha foron Bentancor e Endika Díez e, aínda que o enfrontamento terminou con vitoria visitante por 0-3. No segundo cruzamento, Horacio Cifuentes venceu sen dificultades a Pedro Gramcko, poñendo o empate a 1 no resultado global.

Despois chegou a quenda de Suohei Onodera, que realizou unha actuación estelar para vencer a Daniel Palacios e ao actual campión de España absoluto, Endika Díez. O xaponés exibió o seu gran técnica onde nada puideron facer os seus rivais.

O outro punto para o Monte Porreiro fíxoo Bentancor, que venceu a Pedro Gramcko con dificultades.

Con este resultado, o Tenis de Mesa Monte Porreiro sitúase nunha quinta posición que lles dá dereito a participar en Europa.

Consulta a acta do partido Tenis de Mesa Monte Porreiro-Irún Leka Enea na seguinte ligazón.