O Teucro visita este sábado, ás 19 horas, a cancha do Lalín co obxectivo e a necesidade de inaugurar a súa marcadora de vitorias. Os catro empates e dúas derrotas colleitados ata o momento polo equipo que dirixe Irene Vilaboa colocárono nunha delicada situación clasificatoria de que só se sae a base de vitorias.
O rival non o poñerá fácil. Acomodado na zona media da táboa, os do Lalín Arena fixéronse fortes como locais. Alí sumaron dous dos seus tres triunfos e a única derrota asestoulla un imparable Barcelona B, que tamén pasou por encima do Teucro.
Aínda que os resultados non chegan, as sensacións do equipo teucrista non son malas e a marxe de mellora é amplo. Por pequenos detalles, fóronlle escapando puntos, pero os azuis seguen traballando duro cada día co obxectivo de voltear esta situación e seguir fortalecendo o xogo dun equipo que está aínda en fase de construción.