O Teucro afronta a visita do Antequera "con ganas de guerra"

Pontevedra
27 de febreiro 2015

Quique Domínguez asegura que "no veo a ningún jugador afectado por haber perdido", en alusión ao derbi do pasado domingo, e si os ve "muy bien, con ganas de volver a ganar y tremendamente ambiciosos". Carlos García chegará á cita e Chapela podería ter os primeiros minutos tras a súa lesión

Adestramento do Teucro no Municipal
Adestramento do Teucro no Municipal / Mónica Patxot

"Después de 19 jornadas este equipo ha ganado 17". Así comezou Quique Domínguez a rolda de prensa previa ao encontro do Teucro ante o Meridiano Antequera (sábado 20:00 horas no Pavillón Municipal dos Deportes).

Fíxoo para reivindicar o bo traballo realizado polos seus ata o momento, asegurando que  "no veo a ningún jugador afectado por haber perdido un partido, rendido o con dudas", pero si os ve "muy bien, con ganas de volver a ganar y tremendamente ambiciosos".

En definitiva o Teucro chega ao encontro "con ganas de guerra", segundo declarou un técnico teucrista contento coa actitude do equipo na derrota do pasado domingo en Vigo "como reconoció la afición, que estuvo fantástica".

Todo para esquecer o segundo tropezo en 19 xornadas de liga, aínda que os azuis non o terán sinxelo sabendo que o Antequera "es un buen rival que allí nos complicó mucho", explicou Domínguez.

A boa noticia para o preparador pontevedrés será a volta de Carlos García, que xa adestrou co grupo tras evolucionar favotablemente dos seus problemas musculares.

Ademais Chapela tamén se incorporou ao traballo cos seus compañeiros e podería ter os primeiros minutos tras a súa lesión de nocello, o que deixaría a César Armán, lesionado dende o inicio de tempada, como único inquilino da enfermaría.