O Teucro confirma a fichaxe dos brasileiro Marcos Vinícius

Pontevedra
10 de decembro 2021
Actualizado: 16:54

O lateral brasileiro, que levaba dúas semanas exercitándose a proba co equipo pontevedrés, convenceu finalmente ao corpo técnico e incorpórase á disciplina azul ata final de tempada. Estará xa dispoñible para o encontro deste mesmo sábado (20.00 horas) contra o Zamora no Municipal

Marcos Vinícius, novo xogador do Teucro
Marcos Vinícius, novo xogador do Teucro / Sociedad Deportiva Teucro

A Sociedad Deportiva Teucro incorpora unha nova peza ao seu plantel para tentar elevar o nivel do equipo e pelexar pola permanencia na División de Honra Prata.

O conxunto pontevedrés confirmou este venres a contratación ata final de tempada dos brasileiro Marcos Vinícius Vieira, que pode actual tanto de lateral como de extremo dereito.

O xogador levaba dúas semanas adestrando a proba co equipo azul, e finalmente convenceu ao corpo técnico encabezado por Irene Vilaboa.

"Levo unhas semanas en Pontevedra e estou moi contento coa coidade e co equipo. Todo o plantel arroupoume e axudoume en todo momento", explicou Vinícius.

A nova incorporación teucrista poderá debutar este mesmo sábado 11 de decembro no partido que enfrontará ao Teucro cun rival directo, o Zamora, no Pavillón Municipal dos Deportes (20.00 horas), unha vez tramitados todos os papeis para o seu inscrición.

PARTIDOS APRAZADOS

Noutra orde de cousas, o Comité de Competición da Real Federación Española de Balonmán fixou as novas datas dos partidos aprazados estas semanas para o Teucro debido a un gromo de covid.

Eses encontros disputaranse finalmente o xoves 20 de xaneiro ante o Amenabar en Zarautz e o domingo 20 de febreiro contra o Guadalajara no Municipal de Pontevedra.