O Teucro estrea pretempada gañando ante o Novás

Pontevedra
10 de agosto 2018

O equipo azul afrontou este venres no Porriño a súa primeira cita amigable do verán ante o conxunto do Rosal, recentemente ascendido á División de Honra Prata

Partido amigable entre Teucro e Novás no Porriño
Partido amigable entre Teucro e Novás no Porriño

O Porriño foi escenario este venres do primeiro partido amigable na pretemporada da Sociedad Deportiva Teucro, que tamén supoñía a estrea de Luís Montes como primeiro adestrador do equipo.

Os pontevedreses tiñan como rival o Atlético Novás, recentemente ascendido á División de Honra Prata, e fixeron valer a súa teórica superioridade para levar o triunfo.

O Teucro impúxose por 32 goles a 24 nun encontro que serviu para ver en acción ás caras novas e para empezar a asimilar o esquema de xogo, pero do que non se poden sacar aínda demasiadas conclusións.

Despois desta cita, o seguinte compromiso de pretemporada terá lugar o vindeiro martes 14 de agosto no Pavillón Municipal dos Deportes ante o Ismai portugués.