O Teucro fai oficial a contratación do central de 22 anos Álex Pereiro para o que resta de tempada. O xogador, procedente do Balonmán Cañiza, formouse na base do Porriño e acumula tres tempadas en Primeira Nacional nas filas dun club que, agradecen desde o cadro pontevedrés, facilitou a súa saída cara á capital.
No que vai de tempada, Pereiro logrou situarse entre os dez máximos realizadores da categoría con 120 goles anotados. Ademais da súa facilidade para golear, destaca a súa versatilidade na primeira liña que, xunto á súa mocidade e axilidade nas transicións, fan del un xogador con moito potencial.
"O proxecto teucrista gústame e espero axudar ao equipo para manter a categoría", dixo despois de facerse oficial a fichaxe polo Tecuro, no que compartirá vestiario co seu irmán Samu.