O Teucro gaña os dous cruces do Triangular Peregrina e consegue o trofeo

Pontevedra
17 de agosto 2019

Os pontevedreses gañan, en primeiro lugar, ao Xiria por una renda de catro goles e, finalmente, ao equipo portugués Maia Ismai pola mímina xusto antes do final

Partido amistoso entre o Teucro e o Xiria no Municipal de Pontevedra
Partido amistoso entre o Teucro e o Xiria no Municipal de Pontevedra / Diego Torrado

O Teucro continúa coa pretemporada en División de Honra Prata. Nesta ocasión, este sábado, tomou parte no triangular de presentación Peregrina, o primeiro Torneo Internacional Xacobeo 2021 no Pavillón Municipal de Pontevedra.

Na cita disputou dous partidos amigables contra o Xiria e o equipo portugués Maia Ismai. Despois da derrota da pasada semana ante o Cangas por cinco goles e a vitoria na primeira rolda da Copa Galicia ante o A Cañiza, os de Luís Montes conseguiron manter o ritmo e comezar o torneo con bo pé.

Os primeiros en enfrontarse foron o Xiria e o Maia a partir das 18:45 horas. Os de Carballo, a pesar de facer unha boa primeira parte, non foron quen de manter o ritmo durante a segunda, o que os condenou a encaixar unha dura primeira derrota por parte dos lusos (14-23).

A continuación, ás 19:45, tocoulle a quenda aos pontevedreses, que foron superiores aos do Xiria, no que a efectividade refírese. A pesar diso, isto non terminou de materializarse no marcador, o que fixo que, aínda que levasen a vitoria, esta fose por unha renda de catro tantos (21-17).

Finalmente, preto das 21:00 horas, comezou o cruzamento definitivo da xornada. Co Xiria fose de batalla tras dúas derrotas, os de Montes e os portugueses xogábanse o trofeo. E nunca mellor dito, xa que a tensión mantívose ata o final. A igualdade reinou na pista durante todos os minutos do xogo e non foi ata case o bociñazo final cando o Teucro adiantaríase por un gol no electrónico (20-21), o que lle daría a vitoria no choque e o primeiro posto da cita.