O Teucro sumou, esta fin de semana, unha nova vitoria en pretempada. Despois de terminar campión do Triangular Peregrina ante o Xiria e o Maia Ismai, os pontevedreses volveron gañar ao cadro carballés.
Nesta ocasión, os de Luís Montes viaxaron ao municipio coruñés para xogar no pavillón Vila de Noia.
Os teucristas continúan, desta maneira, sumando bos resultados antes do comezo da tempada en División de Honra Prata. Aínda que quedan á espera do próximo encontro. O vindeiro martes, terá lugar no Lalín Arena o seu segundo cruzamento da Copa Galicia, no que os de casa xóganse o pase a semifinais, onde, de gañar ao Lalinense, terían que medirse ao Cisne no primeiro derbi e este ano.
O choque comezará ás 21:30 horas na pista lalinesa, o martes, día 27 de agosto.