O Teucro habilita un autobús para que os seus afeccionados apoien o equipo en Santander

Pontevedra
06 de abril 2015

Os azuis visitan o sábado (17:15 horas) ao segundo clasificado, o Go Fit Sinfín. Se logran o triunfo abondaríalles con sumar un só punto nas cinco xornadas finais para asegurar o ascenso

Aspecto que presentaba o Pavillón Municipal durante o Teucro-Atlético Valladolid
Aspecto que presentaba o Pavillón Municipal durante o Teucro-Atlético Valladolid / Diego Torrado

Sete puntos de renda a falta de seis xornadas son vantaxe abondo para acudir a Santander sen presión engadida, pero no Teucro son conscientes do valor dun triunfo o próximo sábado (17:15 horas) na pista do Go Fit Sinfín.

Os azuis visitan ao segundo clasificado e unha vitoria deixaríalles a un só punto de asegurar o ascenso de xeito matemático.

ÿ por iso que dende a directiva pontevedresa se puxeron a traballar para poñer a disposición dos seus afeccionados un autocar de cara ao choque en terras cántabras.

Farao a un prezo de 30 euros (incluída a entrada para o partido) sempre e cando se cubran un mínimo de 40 prazas, saíndo dende o Pavillón Municipal dos Deportes o mesmo sábado ás 8:30 horas.

Os interesados poden anotarse a través do correo electrónico [email protected] ou chamando ao teléfono 986 85 16 96.