O Teucro leva o derbi ante o Cisne (31-28) para pasar á final da Copa Galicia

Pontevedra
02 de setembro 2017

O Condes de Albarei Teucro xogará este sábado (15:45 horas) no pavillón vigués das Travesas a final da competición autonómica ante o Cangas

Juan Quintas, nun partido de pretempada do Condes de Albarei Teucro
Juan Quintas, nun partido de pretempada do Condes de Albarei Teucro / Diego Torrado

O Condes de Albarei Teucro xogará este sábado (15:45 horas), no pavillón vigués das Travesas, a final da Copa Galicia.

Os azuis levaron un emocionante derbi ante o Club Cisne Balonmán (31-28) nas semifinais disputadas este venres en Chapela.

As alternativas no marcador foron unha constante, cun Cisne que xogou sen complexos e puxo en problemas ao Teucro co constante intercambio de golpes.

Os de Quique Domínguez chegaron con vantaxe ao descanso (13-15), pero o Cisne tivo opcións de levar o encontro ao chegar por diante ao últimos cinco minutos (27-26), cando o Condes de Albarei Teucro sentenciou cun parcial de 5-1 ao seu favor.

O rival na final da Copa Galicia será o Cangas, que se impuxo na outra semifinal ao Xiria por 32-24.