Un Cisne de dúas caras protagoniza a proeza en Santander sorprendendo a Sinfín (26-28)

Pontevedra
09 de setembro 2017

Difícil explicar o partido visto na Albericia. Gomas Sinfín, un dos máximos aspirantes ao ascenso a Liga Asobal, parecía ter o partido resolto ao descanso fronte a un Cisne que era unha caricatura de equipo, pero viu como os pontevedreses cambiaban por completo de fronte na segunda metade, protagonizando unha remontada épica para terminar levándose a vitoria nunha auténtica exhibición dos de Jabato nos 30 minutos finais

Partido entre Cisne e Amenabar Zarautz no CGTD
Partido entre Cisne e Amenabar Zarautz no CGTD / Cristina Saiz

Difícil explicar o partido visto na Albericia. Gomas Sinfín, un dos máximos aspirantes ao ascenso a Liga Asobal, parecía ter o partido resolto ao descanso fronte a un Cisne que era unha caricatura de equipo, pero viu como os pontevedreses cambiaban por completo de fronte na segunda metade, protagonizando unha remontada épica para terminar levándose a vitoria nunha auténtica exhibición dos de Jabato nos 30 minutos finais.

Mala posta en escena do Cisne, con constantes erros e imprecisións. Os brancos acumularon ata 10 perdas de balón e unha pobre porcentaxe de acerto (30%) nos lanzamentos a porta. A consecuencia non se fixo esperar. A diferenza a favor dos cántabros non deixaba de crecer en cada parcial (2-1, 5-3, 8-4, 11-6, 12-7) para chegar ao descanso cun contundente 14-7, sete goles abaixo que parecían deixar o resultado sentenciado.

Pero se eses primeiros 30 minutos viron a un Cisne irrecoñecible para mal, o paso polos vestiarios devolveu a un equipo distinto, convertido nun verdadeiro ciclón que sorprendeu a Sinfín. O primeiro parcial xa anunciaba que algo grande podía suceder e no minuto 40 un 2-7 metía de cheo aos brancos na loita. O Cisne conseguira en dez minutos os mesmos goles que en toda a primeira parte.

Pablo Galán fíxose xigante na portería, e co excelente labor defensivo de Miguel Simón os de Jabato cheiraron o sangue e seguiron crecéndose. No minuto 50 a vantaxe local quedaba neutralizada (22-22). Todo parecía ir rodado ata que o porteiro pontevedrés sufriu un inoportuno golpe nun dedo e tivo que irse ao banco lesionado. Era o momento de Juanjo Cañizares e se uno o fixera ben, o substituto superouno. Cinco paradas consecutivas permitiron ao Cisne seguir crecendo, tomando unha pequena renda (23-25) a falta de cinco minutos, que manterían para terminar gañando contra prognóstico e de forma incrible (26-28), nunha segunda parte para o recordo.

Consulta o acta do partido Gomas Sinfín-Cisne nesta ligazón.