Contaxiar á cidade co espírito azul do Teucro. Con ese obxectivo iníciase a campaña de socios do club pontevedrés, baixo o lema #PonteBlue, coa que espera polo menos manter o número de abonados da pasada tempada.
Pese ao descenso o club decidiu manter o prezo dos abonos para soster unha estrutura que aumenta este ano ata os 15 equipos e preto de 500 licenzas federativas. "Somos de los pocos clubes que mantenemos estructura masculina y femenina en todos los niveles de competición, y eso nos llena de orgullo" asegura o presidente teucrista, Carlos García-Alén.
Desta forma o prezo dos carnés, que poderán retirarse nas oficinas do Pavillón Municipal (entrando pola porta dos despachos de billetes) desde o luns 29 de agosto en horario de 9:30 a 13:30 horas e de 17:30 a 20:30 horas, queda da seguinte maneira.
| CATEGORÍA | PRECIO |
| Protector | 275 euros |
| Familiar | 180 euros |
| Senior | 100 euros |
| Bonificado | 55 euros |
| Estudante | 40 euros |
| Xuvenil | 25 euros |
| Infantil | 15 euros |
Os abonos darán dereito a presenciar todos os partidos de liga na División de Honra Prata e tamén do resto de equipos do club, como o filial de Primeira Nacional Masculina que este ano contará con entradas para os seus encontros.
O Teucro chegou o pasado ano en Asobal á cifra de 1.215 socios, polo que a meta da entidade pasa por "al menos consolidar esa cifra y aumentar la categoría de socio protector", sinalou García-Alén.
Ademais o presidente azul quixo trasnmitir tranquilidade no apartado económico, tan delicado nos últimos anos, asegurando que "está garantizado que, hoy por hoy, el club no va a desaparecer, porque el mayor peligro ha pasado". De feito explicou que a directiva espera a próxima tempada poder "dar un salto importante en lo económico", ao deixar atrás os pagos obrigatorios da débeda privilexiada.