O Teucro supera con claridade ao Novás e cítase co Cisne en semifinais da Copa Galicia

Pontevedra
01 de setembro 2016

Os azuis venceron no Rosal 20-29 e estarán na fase final da competición, que se xogará venres e sábado no pavillón de Crecente

Samu Gómez no amigable entre Teucro e Avanca en Príncipe Felipe
Samu Gómez no amigable entre Teucro e Avanca en Príncipe Felipe / Diego Torrado

Haberá derbi pontevedrés nas semifinais da Copa Galicia de balonmán, despois de que o Teucro superase con comodidade ao Atlético Novás en cuartos de final.

Os azuis impuxéronse por un contundente 20-29 no Rosal nun choque que se mantivo igualado ata o minuto 20 (8-8).

A partir de aí os de Quique Domínguez tomaron o mando do marcador e terminaron por romper o choque no último cuarto de partido.

Xa na fase final, Teucro e Cisne enfrontaranse agora este venres (19:00 horas) por unha praza na final do sábado (tamén ás 19:00 horas) ante o gañador do Cangas-Calvo Xiria.

A final da competición será retransimita en directo pola segunda canle da TVG.